Los Deltonos e The Bo Derek’s no Desencontro Inimigo da Sala Tebras

Chega a ponte de decembro e moitos son os lucenses que aínda non teñen plan. O tempo non axuda para facer escapadas pero quedarse na casa, non chama a ninguén. Se aínda non tes plan e estas en Lugo ou arredores, non optes por marchar, pois un grupo de seguidores de Los Enemigos, traen á cidade das murallas un plan que non podes perder: o Desencontro Inimigo.

A XIX edición deste festival itinerante chega hoxe a Lugo para enchernos de música en directo, arte e, sobre todo, do bo rollo do rock and roll, do blues e do soul.

Durante catro días, Lugo terá a honra de gozar dun gran programa nutrido de concertos, sesións de Djs, unha Jam Session, o tradicional partido e fútbol de Raspas vs Porrones, xuntanzas gastronómicas, unha visita cultural á cidade bimilenaria, e a exposición fortográfica de Bego Pérez que leva por título O sangue aínda férveme.

Pero o prato forte deste festival non chega ata mañá, venres, na Sala Tebras, cos concertos de Los Deltonos e The BoDerek’s. Dúas bandas de rock que se labraron nome propio entre o público. Así, os cántabros Los Deltonos encherán a meirande sala da cidade co ritmo máis americano unido a letras con gancho e dunha calidade desbordante na voz de Hendrik Röver. Ademáis dos temas máis recoñecidos da banda, amosarán en Lugo os traballos do seu novo disco, Fuego, cun rock ben soldado a funk e blues.

Pola súa banda, dende as Rías Baixas, chegan The Bo Derek’s, a banda nacida do resultado de xuntar a voz de Óscar Avendaño (Siniestro Total) coa instrumentalización dos irmáns Martín, Jorge Lorre e Rufus el Porco (Los Wavy Gravies, The Allnight Workers…), para dar saída á súa vertente máis pub-rockeira: rock’ n’ roll para divertirse, beber e bailar.

Se aínda non tes a túa entrada, esta tarde e mañá aínda a podes adquirir tanto no Ho!Gruf como na propia Sala Tebras e nos Codes Cinema.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com