Losada: “o compromiso do Goberno co ferrocarril en Lugo tradúcese na licitación de obras”

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou hoxe a licitación de novos investimentos de Adif na provincia de Lugo, que se engaden aos anunciados nas últimas semanas e que “son a mellor proba de que o Goberno cumpre o seu compromiso con Lugo e coa modernización das súas infraestruturas ferroviarias”.

Losada anunciou a licitación de cinco novos contratos para a execución de obras de mellora do ferrocarril entre Monforte e Lugo que suman un importe total de 51.955.294 euros. Con estes novos contratos, explicou “suman 262,5 millóns de euros os distintos contratos anunciados por Adif desde o pasado mes de novembro para modernizar a infraestrutura ferroviaria na provincia de Lugo e, ademais, no mes de xaneiro, adxudicáronse outros dous proxectos máis que suporán un investimento de case 3 millóns”.

“A aposta polo ferrocarril de Lugo é clara, os lucenses poden estar seguros de que traballamos nesa dirección, demostramos que as nosas promesas non son papel mollado, o Goberno ten a vontade e Adif conta con proxectos e presupostos para levala a cabo”, destacou Javier Losada.

Nos últimos meses Adif licitou distintos contratos para a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, que inclúen obras como a renovación da vía, a mellora da sinalización e telecomunicacións, a electrificación da liña e a construcción do túnel de Oural, así como as obras de construcción da subestación eléctrica de Oural e os centros de autotransformación ou a execución de peches en zonas urbanas e pasos viciosos no treito Monforte de Lemos-Lugo.

Ademais, no mes de xaneiro Adif adxudicou os contratos para a redacción dos proxectos de mellora de infraestrutura e vía no treito Covas-Monforte de Lemos e para a ampliación de vías de apartado ata 750 metros de lonxitude útil en  varias estacións do treito León-Monforte, dentro dos plans para potenciar o tráfico de mercadorías por ferrocarril.

Licitacións

O delegado do Goberno anunciou a licitación dos seguintes contratos de Adif, xa publicadas na Plataforma de Contratación do Estado e, que “en breve”, tamén se publicarán no Boletín Oficial:

– Execución das obras do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneis e explanacións) entre os pp.kk. 379+ 750 e 386+474 do treito Monforte-Lugo da liña 800. Importe 9.067.032,13 EUR.
– Obras de execución do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes e explanacións) entre os pp.kk. 396+299 ao 405+100 e 413+517 ao 432+265 do treito Monforte–Lugo da liña 800. Importe 13.040.255,22 EUR

– Obras de execución do proxecto de ampliación do gálibo en pasos superiores, no traxecto non afectado pola variante de San Xiaon, entre Ourense-Monforte-Lugo. Importe 7.586.574,17 EUR

– Execución das obras do "Proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneis e explanacións) entre os pp.kk.375+ 305 e 379+750 do treito Monforte – Lugo da liña 800". Importe 8.796.886,38 EUR

– Obras de do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneis e explanacións) entre os pp.kk  386+ 474 e 396+299 do treito Monforte-Lugo da liña 800. Importe 13.464.546,91 EUR.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com