Louzao: “O primeiro que fixo Méndez ao chegar á alcaldía foi subirse o soldo 600€, eu baixareimo 1.200€”

A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, presentou esta mañá a cinco dos compañeiros que concorrerán xunto a ela nas vindeiras eleccións municipais. “Xente nova, con formación, experiencia profesional e prepada para tomar as rendas do vindeiro Goberno municipal”, así é como Louzao definía o perfil do seu equipo do que dixo estar “moi orgullosa”.

Neste senso, Louzao, aproveitou esta presentación para avanzar a primeira medida que tomará se chega á alcaldía e que pasa por rebaixarse o salario. “O primeiro que fixo Lara Méndez ao chegar á alcaldía foi subirse o soldo 600 euros con respecto ao que cobraba Orozco e eu, se chego á alcaldía, baixareimo 1.200 euros porque o primeiro que ten que facer unha alcaldesa é dar exemplo e paréceme indecente cobrar 4.800 euros cando hai neste momento 6.000 persoas na cidade de Lugo no paro porque non atopan traballo”, argumentou a cabeza de lista de Ciudadanos.

A alcaldesa de Lugo é o terceiro rexedor mellor pagado de toda Galicia cun salario bruto de 67.000 euros anuaiso que supón, ao mes, 4.800 euros, “cinco veces o salario mínimo que o PSOE fixou en 900 euros mensuais”, comparou Louzao.

Para Louzao, a súa agrupación xa ten demostrado en numerosas ocasións que “non somos profesionais da política” senón que proceden da “sociedade civil, temos os nosos traballos á marxe da política e queremos aportar a nosa experiencia e o noso coñecemento para que esta cidade cambie”, indicou a alcaldable.

Olga Louzao comprometeuse tamén a estar só dous mandatos no cargo porque, dixo “Cidadáns é partidario da limitación de mandatos e da renovación nos cargos públicos para que entre aire fresco nas institucións”. Tras baixarse o soldo, a seguinte medida que tome a agrupación, segundo avanzou a cabeza de lista, será “realizar unha auditoría interna da situación municipal para explicarlle á cidadanía como está o Concello e en que se gasta cada céntimo dos seus impostos”.

A lista

A xuízo de Olga Louzao, a candidatura que presentará Cs será “o equipo da ilusión e do futuro para Lugo”. A candidatura de Cidadáns en Lugo conserva “a frescura do proxecto liderado por Albert Rivera en toda España”. Así, a alcaldable presentaba o primeiro tramo da lista que concorrerá con ela ás eleccións:

  1. Olga Louzao Aldariz, actual voceira da agrupación no Concello de Lugo e autónoma fundadora dunha empresa de seguros.
  2. Juan Vidal-Pardo García, coordinador da agrupación local de Cs e avogado en exercizo con despacho na cidade de Lugo.

  3. Eloina Ingerto López, coordinadora territorial en Galicia da Fundación Juan Soñador e membro da Xunta Directiva de EAPN-Galicia.

  4. Jesús Expósito López, actual concelleiro de Cs e funcionario municipal no Concello de Lugo.

  5. Jacobo Vázquez Rodríguez, avogado con despacho na cidade de Lugo, membro fundador da Asociación Galega de Dereito Deportivo e presidente da Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Perlas
    Abr 18, 2019 - 01:52 PM

    Lo primero no sè, lo segundo fue nombrar a su hermano como asesor juridico. Un funcionario que va a defender los intereses del Ayuntamiento ante el juzgado y está ligado a un sindicato y a su partido. Que feo señora Louzao!!

    Reply
  2. Avatar
    El lobby que maneja,el Concello
    Abr 18, 2019 - 09:32 AM

    Xosè Carreira publicou en La Voz de Galicia o dia 7 de setembro de 2017 EL LOBBY QUE MANEJA EL CONCELLO.
    Non ten desperdicio. É a realidade de como esta xente se moveu e ste catro anos. Sindicalismo, politica, organos de control do concello,…. eles, Olga Louzao non è inocente en todo esto.
    Manexaron o Concello dende Ciudadanos…. por eso o NON A TODO,
    Un puzle perfecto no que todo encaixa.

    Reply
  3. Avatar
    La mujer del César
    Abr 18, 2019 - 09:20 AM

    Ciudadanos, los protegidos de la prensa en Lugo. Espero que un medio como este investigue como este funcionario que va dando lecciones de etica desde su templo, protegido por la reina de la verdad ùnica, compruebe sobre el terreno aquello del LOBBY que maneja el Concello.
    Eso lo publicó en prensa un grupo de funcionarios y es la realidad de lo que esta gente vini hacer al Ayuntamiento de Lugo. Una trama organizada.

    Reply
  4. Avatar
    Indignado
    Abr 18, 2019 - 08:53 AM

    Falando de soldos, cando vai explicar Olga Louzao o soldo que cobra o seu compañeiro que é funcionario, porque se eu non entendín mal parece que cobraría mais ca policias que teñen que traballar na rua co conseguinte peligro que eso supòn.
    Tamèn cobraría màis ca os Administrativos. Asì non se da exemplo.
    Ciudadanos ten duas caras, unha a do buenismo y colaboracionismo, e a real a que mostran cada día.
    Este medio escrito debería facer labor de investigación e preguntar como é que un ” alguacil” cobra mais ca un xefe de negociado.
    Este concelleiro foi sindicalista. Ninguèn tivo unha carreira profesional tan ràpida e sen esforzo.
    E ahora vai Ciudadanos a dar exemplo de que??

    Reply
  5. Avatar
    Luis Díaz
    Abr 17, 2019 - 09:03 PM

    No deja de sorprenderme cuanto emancipado abandona la casa del PP .

    Reply
  6. Avatar
    Arkaitz Exposito Gesto
    Abr 17, 2019 - 08:03 PM

    Outra vaca no millo 😂😂

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo