Louzao pon unha irónica “primeira pedra” do desdobramento de Duquesa de Lugo

A candidata de Cidadáns á alcaldía de Lugo, Olga Louzao, continuou esta mañá coa súa campaña de inauguracións simbólicas dos grandes logros de Lara Méndez nestes catro anos colocando a primeira pedra das obras de desdobramento de Duquesa de Lugo nun vídeo que se pode ver nas súas redes sociais.

“Despois de 20 anos de anuncios e promesas tanto do PSOE coma do PP Duquesa de Lugo, que é a principal entrada a Lugo, máis que unha avenida é hoxe unha corredoira perigosa sen beirarrúas nin iluminación”, describiu Olga Louzao cunha pala na man a carón dun sinal de obra e acompañada de outros membros da candidatura.

A cabeza de lista de Cs Lugo aproveitou para referirse ao anuncio que fixo Lara Méndez de converter Lugo en Vancouver. “Tendo en conta o estado no que ten Lara Méndez a cidade despois de catro anos de alcaldesa, descoidada, chea de baches, e cos pasos de peóns sen pintar máis que Vancouver parece Burundi”, comparou Olga Louzao.

“Pouco pasea Lara Méndez pola cidade, porque senón vería como están os barrios, as parroquias e as vías de comunicación da cidade e non diría estas cousas”, indicou, e lembrou que en Canadá goberna Justin Tredeau, “que é liberal, non socialista, e se estivera en España estaría en Cidadáns”.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Mai 14, 2019 - 09:58 PM

    Como lles gusta pintar a mona, son ridículos, ridículos.

    Reply
  2. Avatar
    Manuel Quiroga Lopez
    Mai 14, 2019 - 07:09 PM

    Carallo agarra a pala sin guantes

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo