Louzao: “Se votan aos de sempre terán os mesmos problemas de sempre”

A portavoz municipal de Cidadáns en Lugo e candidata á alcaldía nas eleccións deste domingo 26 de maio, Olga Louzao, asegurou hoxe aos lucenses que “se votan aos de sempre terán os mesmos problemas de sempre”.

Olga Louzao, que hoxe ás 8 e media da tarde celebra o acto central de campaña na Praza Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello), pediu aos lucenses “que vaian votar este domingo porque despois nada serve estar lamentándose os vindeiros catro anos” e propúxolles “que aposten pola alternativa moderada, seria e fiable de Ciudadanos fronte á parálise de Lara Méndez e do PSOE en Lugo e á falta de ilusión do PP e do seu candidato, Ramón Carballo”.

Olga Louzao, que estará acompañada de toda a candidatura, explicou que “as persoas que formamos parte da lista de Ciudadanos somos xente de Lugo ás que nos doe a situación de parálise na que se atopa a nosa cidade e que queremos facer algo, aportando a nosa experiencia profesional, porque todos temos os nosos traballos e non vimos á política a lucrarnos, para que Lugo cambie e para que os nosos fillos e fillas non teñan que marchar de Lugo”, explicou.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mai 23, 2019 - 09:56 PM

    Esta perfomance es de otro día ¿ hoy no hubo una nueva ?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo