" />

Lugo acolle o XXI Festival de Teatro Universitario da USC

Hoxe presentouse en Lugo o XXI Festival de Teatro Universitario da USC que se celebrará na cidade entre os dias 16 e 20 de abril.

O programa está formado por un total de 4 funcións de teatro e, repetindo a experiencia dos últimos anos, dedícase un día da programación á presentación de pequenos traballos de mozos e mozas galegos que están formándose en escolas de arte dramático doutras ciudades.

Esta nova edición do Festival celébrase no Auditorio Gustavo Freire e a entrada será gratuita. Para a ocasión o Festival contempla unha actividade complementaria o venres 17 e sabádo 18 de abril con ensaios abertos da Compañía de teatro da USC-Lugo no seu proceso de montaxe no Auditorio Gustavo Freire.

A primeira das pezas represéntase o xoves 16 ás 20.30 horas a obra Sweeney Todd, O barbeiro diabólico da Rúa Fleet dirixida por Roberto Salgueiro e interpretada polos membros da Aula de Teatro da USC.

O sábado 18 a partir das 20 horas presentaranse Teselas, pequenos traballos/proxectos presentados por mozos e mozas galegos estudantes de arte dramática das escolas como a Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e a Escola Superior de Arte Dramática de Extremadura. A continuación, terá lugar a presentación de Gran oferta Promocional de Tik Teatro, a compañía de Teatro da Residencia Universitaria Bal y Gay. Terán un aforo limitado a 80 persoas.

O domingo 19 de abril a partir das 21 horas, terá lugar a obra de Grupo de Teatro Krilajo, unha das compañías independentes da USC-Lugo, dirixido por José María Tubío Sánchez cun aforo limitado de 80 persoas.

A aula de teatro universitaria de Ourense Mariacastaña presentará o luns 20 de abril en Lugo a peza Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de Ricardo III, de William Shakespeare e porá fin á XXI Festival de Teatro da USC.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo