A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentar‡ a temporada de outono dos Trens tur’sticos de Galicia e far‡ balance da campa–a estival. Estar‡ acompa–ada do xerente da çrea comercial e o Servizo de atenci—n ao cliente de Renfe, Javier D’az Trisac, e do presidente do Instituto Ourens‡n de Desenvolvemento Econ—mico (Inorde), Rosendo Fern‡ndez.

Lugo acollerá este outono os Trens Turísticos de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe a tempada outonal dos Trens Turísticos de Galicia tras realizar o balance da campaña estival, na que as oito rutas dispoñibles superaron unha ocupación do 87%, un novo éxito dun dos produtos turísticos galegos máis valorados polos viaxeiros.

Os itinerarios outonais permitirán aos participantes achegarse a tres cidades e gozar dos variados recursos cos que contan. Trátase dos trens Lugo Romano, Ourense termal e de compras e Descubrindo A Coruña, con saídas programadas para os días 30 de setembro e 7, 14, 21 e 28 de outubro en función da ruta.

Os billetes poden adquirirse a través da web de Renfe e nas estacións, con prezos de 40 euros para adultos, 20 para nenos e descontos para grupos. Os interesados atoparán completa información na páxina web, www.turismo.gal.

“Por primeira vez, as locomotoras non se deteñen co fin do verán, senón que seguen acesas en setembro e outubro con novos destinos e propostas co turismo urbano e de compras, a cultura e o termalismo como eixos”, explicou Nava Castro, acompañada do xerente da Área Comercial e o Servizo de Atención ao Cliente de Renfe, Javier Díaz Trisac, e do presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández.

En total, serán seis viaxes que completan a oferta de preto de 60 saídas que comezaron en xuño e que, polo tanto, funcionarán durante cinco meses. O tren Lugo Romano sairá desde A Coruña (con achegamentos gratuítos desde Santiago de Compostela) o 30 de setembro e o 28 de outubro, e inclúe visitas á Casa dos Mosaicos e ao Centro de Interpretación da Muralla, que é Patrimonio Mundial, ademais dunha estancia no Balneario de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com