Lugo acollerá a Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e dous representantes da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), presentaron este venres no Salón de Plenos a primeira edición da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, que co lema Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral, acollerá a Casa do Saber de Lugo mañá sábado, 19 de marzo, a partir das 19:00 horas, a xornda previa ao Día da Narración Oral. O Concello colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega neste encontro posto que se enmarca na súa aposta por visibilizar ante a sociedade o valor da literatura

Durante a presentación da gala, a a oncelleira lembrou que en Galicia aínda non está rematada nin aprobada a Lei do Patrimonio Cultural, que nela estaría incluído o patrimonio cultural inmaterial. Neste senso, insistiu na importancia da entrega destes premios para lembrarlle ás administracións que teñen competencias nesta materia, que “estamos aquí, que estamos agardando por esta lei”. A edil tamén fixo fincapé na importancia das novas tecnoloxías para conservar a través delas “a nosa memoria, as nosas tradicións e a nosa cultura e para que os mozos e mozas coñezan a nosa tradición”.

O obxectivo desta gala é entregar os galardóns que se concede a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da cultura popular tradicional. A cuarta edición destes premios, que teñen como singularidade a celebración de dita gala, serán entregados a Dolores Macías Pose e Mini (Xosé Luis Rivas Cruz) e Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio). A gala estará amenizada polo grupo de gaiterios Lúa chea de San Xoán e o acordeonista Eloi Mato tamén estará Francisco Almuíña, entre outros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com