" />

Lugo acollerá un curso para a produción de madeira de alto valor

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este outono un programa de formación en toda a comunidade orientado a mellorar a silvicultura. O obxectivo é que os propietarios e xestores forestais adquiran os coñecementos precisos para a produción de madeira de alto valor. En Lugo desenvolverase este venres 25 e sábado 26 un curso sobre a silvicultura de frondosas caducifolias (como cerdeira, castiñeiro, bidueiro, carballo americano, etc).

A acción formativa terá unha parte teórica, en aula, o venres pola tarde (Centro Cultural O Vello Cárcere) e outra parte práctica, que se fará en montes da zona o sábado á mañá. O curso abordará aspectos como as boas prácticas na plantación, as podas de formación e desenvolvemento da árbore ou a execución de desmestas e rareos.

Con esta actividade, a Asociación Forestal de Galicia formará ós propietarios forestais interesados na produción de madeira de alto valor, para a que se precisan árbores rectas, sen nós e de diámetros suficientes. É unha madeira que está a ser demandada e valorada pola industria galega da madeira, polo que a execución dos coidados precisos nunha plantación forestal derivará nunha maior rendibilidade para os propietarios.

O curso é gratuíto, pero é precisa a inscrición previa, ben a través do e-mail afg@asociacionforestal.org, ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo