" />

Lugo baixa dos 20 casos activos por Covid-19

Nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Lugo baixa en 1 persoa o número de casos activos por coronavirus, o que fai que baixemos dos 20 casos de persoas infectadas polo virus. En este momento área de Lugo sitúase en 19 casos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 349, deles 109 son da área da Coruña,  26 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 142 da área de Vigo, 33 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 341 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.491 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 159.799.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo