" />

Lugo estrea hoxe o primeiro autobús híbrido da cidade

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas presentou no día de hoxe o novo autobús híbrido co que conta o Concello, que realizará a liña 6. “Dentro do proceso de renovación do transporte público que estamos a levar dende a área de Mobilidade e Infraestruturas inclúese a renovación dos vehículos”, indicou o vicealcalde, que engadiu, “queremos que a xente aposte polo bus urbano porque reducindo tráfico na cidade avanzamos nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”.

O novo sistema híbrido xera enerxía eléctrica a partir das freadas e reducións de velocidade, que se almacenan nunha batería instalada no vehículo. Este sistema permite reducir o consumo nun 8.5% menos de combustíbel que o resto de vehículos da flota, polo que emiten menos substancias contaminantes, situándose as emisións nun 75.3% de NOx e un 85.3% de partículas por debaixo dos niveis marcados pola normativa Euro VI.

Ademais, segundo explicou o edil nacionalista, “incorpora os últimos avances en seguridade”. En concreto, este bus incorpora un posto de condución redeseñado, que permite máis comodidade para os condutores. Ademais, incorporan un etilómetro, que impedirá o acendido do vehículo sen pasar a proba. Este novo vehículo incorpora o arco de seguridade frontal máis avanzado do mercado, que garante a protección das persoas usuarias en caso de colisión frontal. Ademais, dispón de luces de xiro e chan antideslizante. Por outra banda, cumpre coa normativa antiviolcado 66.02, malia non ser obrigatoria para este tipo de vehículos.

En canto á accesibilidade, os dous novos vehículos incorporan un renovado sistema Kneeling, que permite baixar a altura do autobús para facilitar a subida das usuarias. Ademais, conta con dobre rampla para persoas con mobilidade reducida e unha praza para cadeira de rodas. Á conexión Wi-Fi que xa incorporaba toda a flota engádense portos USB para a carga de dispositivos electrónicos. 

O novo bus híbrido ten un total de 77 prazas, divididas en 28 asentos, 48 persoas de pé e unha praza para persoas con mobilidade reducida.

Asemade, o Tenente de Alcalde, informou de que nos vindeiros días comezará a instalación do SAE, 2que permitirá introducir as novas liñas e habilitar as aplicacións para as usuarias e usuarios, ademais de activar os paneis  electrónicos informativo”. Ademais, indicou que “nos vindeiros días haberá unha nova Mesa de Transporte, onde se poñerán en común as novas liñas co resto da Corporación“.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Teresa Pacios Valin
    Xan 29, 2020 - 10:41 PM

    Hay que controlar a los/as conductores/as que van utilizando el móvil cuando están en ruta.

    Reply
  2. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 29, 2020 - 04:27 PM

    Parece me ben. É por que non de hidróxeno aveloa hai os e é o máis ecoloxico

    Reply
  3. Avatar
    @Donatelo
    Xan 29, 2020 - 02:57 PM

    Que maravilla ya somos modernisimos, ahora solamente hay que saber dónde paran, cuáles son las rutas… https://t.co/mad0Xlxc3J

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo