" />

Lugo gaña o premio Escoba de Ouro en recoñecemento ao seu servizo de limpeza

A Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente (ATEGRUS), un colectivo formado por profesionais do sector; vén de conceder ao Concello de Lugo o premio Escoba de Ouro 2016.

Trátase dun galardón de ámbito estatal e iberoamericano, que recoñece a eficacia e o bo facer na limpeza e recollida de residuos dos municipios, empresas ou entidades, os avances tecnolóxicos e a concienciación social neste eido.

O galardón supón un recoñecemento “ao bo facer do Concello, dos 120 traballadores do servizo e da implicación dos 98.134 lucenses”, subliñou a alcaldesa de Lugo, pois “contribuír a que Lugo sexa unha cidade verde e sostible é unha tarefa común e colectiva”.

A rexedora deu a coñecer o galardón acompañada do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen se achegará mañá a Madrid para recoller dito recoñecemento, que se entrega no marco da Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente.

É a primeira vez que o Concello recibe este premio, tras acadar a Escoba de Prata no ano 2008, un requisito indispensable para poder optar á de ouro. “Somos ambiciosos e agora traballaremos para conseguir a Escoba de Platino”, anunciou Méndez. 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo