" />

Lugo mantén o mesmo número de casos activos por Covid-19 ca onte

A Área Sanitaria de Lugo mantén o mesmo número de casos activos por coronavirus que no día de onte, é decir, 31. Na súa última actualización, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que,  o número de casos activos de coronavirus en Galicia baixou de cincocentos, en concreto o total é de 476, 27 menos ca onte; deles 101 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 189 da área de Vigo, 97 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en unidades de hospitalización e 466 no domicilio. Cabe destacar que non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.338 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 153.606.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo