" />

Lugo Monumental en contra de que se suban as taxas no centro

Lugo Monumental ven de emitir un comunicado onde denuncia que “os empresarios de hostalería da cidade pagan as taxas de terraza máis altas das sete cidades galegas. Mentres que noutras cidades establécense unhas porcentaxes razoables que diferencien zonas de primeira categoría doutras, en Lugo castígase a actividade empresarial no centro histórico, xa que unha terraza custa 145,54 euros por metro no centro fronte aos 17,5 de vías de 5ª categoría (é dicir, oito veces máis)”.

“Esta situación foi reflectida nos medios de comunicación e negada polo Concello de Lugo de xeito trabucado, que máis tarde se viu obrigado a darnos a razón retirando da súa páxina web unha nota de prensa en que acusaba a Lugo Monumental de mentir cando era a administración local a que facilitaba datos que non se corresponden coa realidade”, continúa.

A asociación amosa a súa sorpresa, “agora este asunto dá un novo xiro ao aprobar a Xunta de Goberno un proxecto de ordenanzas fiscais que  contempla que na zona de primeira categoría, que inclúe o centro histórico de Lugo entre outras rúas,  aumenten as taxas de ocupación de vía pública para terrazas nunha cifra escandalosa: pasará de 59,64 euros a 145,54  euros por metro cadrado ao ano. Contémplanse posibilidades como o uso semestral (110,05 euros) ou trimestral (55,03  euros) co que se pasará a pagar por tres meses case o mesmo que antes polo ano completo”.

E remata, “isto supón unha obvia contradición, xa que non parece razoable que tras as declaracións da alcaldesa Lara Méndez realizadas tras reunirse con Lugo Monumental en que anunciaba unha rebaixa de taxas, estas incrementáronse nun 244% para o ámbito de actuación da nosa asociación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo