" />

Lugo Monumental pedirá á Xunta e ao Concello un Plan de Escavacións do Casco Urbano

A asociación Lugo Monumental dirixirá un escrito ao Concello de Lugo e á Xunta para presentarlles un Plan de Escavacións do Casco Histórico da cidade.

A idea da plataforma de empresarios é moi sinxela: adiantar as excavacións e realizalas xa en todos os solares e nos locais que os propietarios poñan a disposición, de forma que podan planificar o futuro desas parcelas sabendo os restos que podan ter. Para iso, a asociación propón executar a partida orzamentaria que o PEPRI recolle dende os anos noventa de 1,2 M€ “e que nunca se executou”.

Segundo Lugo Monumental, o maior inconveniente para rehabilitar un edificio ou construír nunha parcela do caso histórico é o probable “perigo” de atopar restos arqueolóxicos, xa que a escavación corre a cargo do promotor pero, todo aquelo que poda aparecer, será da administración.

Lugo Monumental está a favor da escavación, estudo e conservación do patrimonio, pero tamén da busca de solucións para os propietarios que hoxe en día non se atreven a rehabilitar os seus inmobles “xa que corren un risco de ruína”.

A asociación exemplifica esto co gasto que tivo a Universidade de Santiago de “varios millóns de euros” e da modificación do seu proxecto inicial ao aparecer a Domus do Mitreo “un gran ben cultural para Lugo pero que suporía a ruína para calquera particular que se atopase cunha situación semellante”. Segundo explica Lugo Monumental o feito de poder atopar restos históricos fai que haxa poucas rehabilitacións privadas e que as que se levan a cabo “se demoren durante anos, incluso ás veces tendo que cambiar os proxectos iniciais, o que supón un atraso inaceptable para o particular”.

O Plan proposto consiste nunha iniciativa “tan sinxela como produtiva”: ofrecer a todos os propietarios a realización dunha excavación arqueolóxica nos locais baleiros e os solares que poñan a disposición do proxecto.

Na proposta de Lugo Monumental a financiación correría a cargo das administracións. “É importante facer notar que o PEPRI contemplaba unha consignación de 200 millóns de pesetas de aquel ano (1,2M€) que xamáis se chegaron a executar”, conclúe a asociación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo