" />
Lugo monumental

Lugo Monumental pide a prórroga das excepcións para as terrazas

A asociación Lugo Monumental vén de solicitar ao concello que se prorrogue o permiso extraordinario para a instalación e amplicación de terrazas de hostalería no Concello. Esta medida, xurdida para axudar ao sector durante a pandemia, continúa vixente ata o 1 de novembro; así, Lugo Monumental solicita que se amplíe este permiso, polo menos ata o vindeiro 31 de xaneiro, día no que previsiblemente rematarían tamén os expedientes de regulación de emprego.

Asemade, a asociación de comerciantes solicita tamén a posibilidade de abrir este permiso máis aló do sector hostaleiro e facilitar así a todo o pequeno negocio, poder ofrecer os seus productos na rúa, dunha maneira, máis segura.

Deste xeito, Lugo Monumental considera interesante extender esta medida se se producisen futuras prórrogas dos expedientes de regulación de emprego. Asemade, a asociación pide tamén que, de cara ao inverno, se permita a instalación de paraugas, toldos provisionales e demáis elementos para protexer aos clientes da choiva, sempre que non supoña o peche do espacio e que os elementos sexan todos instalados sen dañar as fachadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo