Lugo Monumental pide apoio das institucións á iniciativa da moeda conmemorativa da cidade para 2021

Lugo Monumental dirixiuse ao Concello Lugo, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia para que os Plenos das dúas primeiras institucións e o Consello da Xunta emitan mensaxes ou resolucións de apoio a esta proposta, para acompañala coa súa petición de forma que a unanimidade de todas as administracións sexa un primeiro paso firme para conseguir un logro promocional sen precedentes.

Dende a Asociación considerase que esta idea pode ser extraordinariamente positiva para Lugo, xa que si ben en ocasións anteriores emitíronse selos de correos sobre a cidade en diferentes momentos, as moedas teñen unha difusión infinitamente superior xa que hoxe en día é pouco utilizado o correo postal.

Dende Lugo Monumental confían en que as tres institucións apoien esta idea e, desta forma, se logre un obxectivo común para todos: promocionar Lugo a través dos seus tres Patrimonios da Humanidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo