Lugo Monumental pregunta ao Goberno Municipal por las 172 papeleras que compraron en 2018

A Asociación Lugo Monumental rexistrará unha pregunta dirixida ao Goberno Local en que se interesa polas 172 papeleiras que se adquiriron o ano pasado, cun custo de máis de 6.500 euros, e que se instalarían, segundo Lugo Monumental di que lles contestou o concello, “antes de terminar o ano 2018”.

“A día de hoxe, iniciando a recta final do verán de 2019, non temos constancia da instalación de ningunha desas 172 papeleiras. No centro histórico hai unha grave carencia destes elementos urbanos, e mesmo hai rúas onde é moi difícil atopar unha papeleira”. Incide a asociación. “Desde Lugo Monumental apoiariamos unha campaña de concienciación, e mesmo una de disuasión mediante sancións a quen ensucien as rúas, pero cremos que é necesario dotar antes ás vías públicas de suficientes papeleiras para facilitar aos viandantes cumprir a súa obrigación cívica de non tirar obxectos ao chan, un comporta mento que pode producir sanción  segundo o artigo 297 da vixente ordenanza ambiental do Concello de Lugo”. Rematan.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo