Lugo Monumental solicitará a emisión dunha moeda conmemorativa de Lugo para 2021

A asociación de empresarios, Lugo Monumental, prantexa dirixirse ao Goberno Estatal para solicitar a emisión dunha moeda conmemoratia, de dous euros, na que se reflictan os tres patrimonios da Humanidade con que conta a cidade de Lugo. O colectivo entende que esta podería ser unha “magnífica forma” de promocionar Lugo de cara ao ano Xacobeo, 2021, facendo ver así a relevancia da cidade no Camiño Primitivo, ademáis da súa importancia como Cidade do Sacramento.

Asemade, Lugo Monumental pedirá apoio ao Concello, á Deputación e á Xunta de Galicia para que envíen misivas de apoio a esta proposta e acompañar así á súa petición para conseguir “un logro promocional sen precedentes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com