Lugo necesitaría investir 650 millóns no ferrocarril para igualarse ao resto de provincias

Un informe elaborado polo Eixo Atlántico revelan a necesidade de investir 650 millóns de euros na liña de ferrocarril Lugo-Ourense nun prazo de 5 anos, para equipar os servizos da provincia lucense aos das restantes galegas.  Xoán Vázquez Mato, Secretario Xeral deste organismo, asegurou que este investimento “é urxente, e necesario para a cohesión de Galicia, non podemos ter un pais a dous velocidades” e insistiu que “este proxecto é viable para contribuír ao desenvolvemento económico e a creación de emprego na provincia”.

Nesa xuntanza do Eixo Atlántico en Monforte estivo presente o presidente da Deputación de Lugo , Darío Campos Conde, que denunciou que “a provincia de Lugo está completamente discriminada no que as comunicacións se refire, xa non só no sector do ferrocarril, senón tamén nas autovías”. Neste senso, Campos Conde destacou que “queremos que nos deixen de tratar como cidadáns de segunda. Os lucenses non queremos máis privilexios que o resto de galegos, pero como mínimo, solicitamos ter os mesmos”.

No acto tamén participou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que agradeceu o importante traballo realizado neste informe, indicando que “pon de manifesto a importancia de ter uns servizos de ferrocarril axeitados co fin de lograr o desenvolvemento da cidade e da provincia de Lugo, porque precisamos dunhas infraestruturas que cohesionen o territorio e que poñan ao ferrocarril como elemento vertebrador desas conexións”.

“Necesitamos estes servizos ferroviarios, pero tamén ao tren de alta velocidade, que creo que nos corresponde, así como a intermodal, fundamental para mellorar as comunicacións entre as cidades de Galicia”, destacou a rexedora.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com