Lugo podería estrear rocódromo este mesmo ano

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitaron hoxe o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, onde a Xunta impulsa con máis de 170.000 euros a construción dun novo rocódromo que se prevé que entre en funcionamento este ano.

Cun investimento total previsto de máis de 387.000 euros, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Secretaría Xeral para o Deporte achegan un 45%, mentres que a Deputación asume un 35% e o Concello o restante 20%.

A infraestrutura permitirá incrementar a oferta dos equipamentos deportivos da cidade, beneficiando tanto a actividade federada como o deporte base, e contribuíndo tamén á promoción de prácticas saudables entre a sociedade.

Tal e como sinalou o secretario xeral para o Deporte, a obra no Pazo de Feiras e Congresos  de Lugo será unha obra de referencia para España, para Galicia e para a cidade de Lugo, xa que o recinto compatibilizará os usos feirais e deportivos. Lete Lasa subliñou a importancia do futuro rocódromo lembrando que a escalada será deporte olímpico en Toquio 2020 e que as federacións galegas de Montañismo e Espeleoloxía suman preto de 5.500 licenzas.

Pola súa banda, a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, salientou que esta infraestrutura permitirá incrementar a oferta de equipamentos da cidade ao tempo que se potencia a multifuncionalidade do recinto feiral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo