Lugo podería perder catro titulacións se sae adiante a reorganización de Educación

A Consellería de Educación e as universidades galegas valoran unha nova reorganización de titulacións, en especial, das duplicadas, o que volve poñer á vista sobre o Campus de Lugo onde podería trastocar o futuro dos graos de Forestais e Enxeñería Civil, da Escola Politécnica e o de Química Industrial, da facultade de Ciencias.  Neste senso, a vicerreitora do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, apuntou que o mapa de titulacións estase a negociar pero que aínda non hai acordos pechados, resaltando que non está de acordo con prescindir de títulos importantes para o campus lucense.

Ante a trascendencia desta nova, onte a rexedora de Lugo asegurou que o Concello se oporá ferozmente ante calquer intento de eliminar titulacións na cidade. E neste mesmo senso, falaba o secretario xeral do PSOE na provincia, Álvaro Santos, quen asegurou que esta merma de titulacións, debilitaría o Campus Terra. Santos Ramos lembrou ademáis, que o Campus de Lugo tivo que renunciar, no seu momento a outras titulacións a cambio da especialización do Campus.

“Dende o PSOE non podemos consentir que isto se produza porque o Campus é fundamental para o desenvolvemento da nosa cidade e da nosa provincia. Por este motivo, imos levar adiante todas as iniciativas que estean na nosa man para tratar de evitar este novo ataque da Xunta de Feijóo aos lucenses”, explicou o socialista.

Pola súa banda, o delgado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, aclarou que “non diminuíu, nin vai a diminuír” o número de graos universitarios que se imparten nos campus de Lugo negando así a posibilidade de calquera recorte na oferta educativa.

Balseiro lamenta que o PSOE estea instalado na provincia “nunha espiral de mentira” con respecto a este asunto e sinala que esta actitude só busca “xerar alarma e incerteza” sobre o futuro das titulacións do campus Terra, “un dos espazos de maior prestixio do sistema universitario lucense”


Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com