" />

Lugo, primeira provincia de España que dispón da tecnoloxía 5G de asistencia á condución no túnel do Cereixal

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, felicitouse porque Lugo é a primeira provincia de España que ten a
oportunidade de poñer a proba o uso da tecnoloxía 5G para asistir aos condutores nun túnel, o do Cereixal, que forma parte da rede de Estradas do Estado na provincia, grazas a decidida aposta do Goberno pola innovación e a experimentación de novas oportunidades no campo da tecnoloxía “para que España e Galicia non perdan o tren da tecnoloxía 5G, que vai ser determinante no futuro, pois será un dos motores da dixitalización, como recollen a Axenda España Dixital 2025 e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia”.

Isabel Rodríguez, que destacou “o compromiso, do Goberno, unha vez máis coa provincia de Lugo”, participou hoxe, en Becerrá, na presentación do proxecto de asistencia á condución implementado no túnel do Cereixal, da A-6, una iniciativa apoiada economicamente polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través de Red.es, na que colaboraron Telefónica, Nokia, Stellantis, Ineco, CTAG e SICE.

A subdelegada do Goberno tamén agradeceu ao Mitma a urxencia coa que tramitou unha actuación, que comeza hoxe, para reparar os firmes deteriorados polos temporais do pasado inverno, en Becerreá e outros concellos da zona, traballos que se realizarán tanto na A-6 como na A-8 e que suporán un investimento de 600.000€.

“Así pois, estamos hoxe de noraboa por partida doble, porque tamén temos en Becerreá o ‘primeiro túnel intelixente’ de España que envía información de utilidade aos condutores sobre circunstancias meteorolóxicas ou posibles riscos que poidan atoparse e é un orgullo que estea situado na nosa provincia”, manifestou Rodríguez. Tamén destacou a subdelegada que “este é un bo exemplo de política pública que transforma un país, pero tamén o é da importancia da colaboración público-privada, que resulta clave cando se trata de poñer a tecnoloxía ao servizo da cidadanía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo