" />

Lugo reclama a Sanidad la implantación del ‘Da Vinci’ para el Hula

A Plataforma en Defensa da Sanidade e especialidades do Hula e a Federación de Asociacións de Veciños da Provincia de Lugo, solicitou da Consellería de Sanidade, o estudo e implantación da Técnica “Da Vinci” no Hospital Universitario Lucus Augusti en senllos correos electrónicos enviados ao Staff do Conselleiro de forma personalizada, en datas: 22 de xuño de 2017 e 01 de novembro de 2017, así como en documento persoal entregado a D. Jesús Vázquez Almuiña ao longo dunha das entrevistas mantidas con el, antes da Implantación de Hemodinámica 24 horas, sen que ata a data tivésemos resposta algunha.

Por este motivo publicamente se lle solicita á Consellería de Sanidade, a Implantación desta Técnica de Cirurxía Robotizada no Hula. Lugo ten dereito lexítimo a dispoñer deste robot actualmente da serie Xi desenvolto pola empresa Norte Americana Intuitive Surgical desde o ano 2000, que ten un custo aproximado de 2.000.000 de Euros, e é algo que pode ser adquirido a través dun Sistema de Renting.

O robot que recibe o nome en homenaxe a Leonardo Dá Vinci construtor do primeiro robot, é operado por el médico cirurxián, que actúa sobre unha consola e fóra do campo estéril, manexa un Endoscopio Tridimensional e o instrumental denominado Endo Wrist, cos ollos, as mans e os pés. O robot interpreta os movementos do cirurxián e tradúceos en movementos precisos dos instrumentos, superando así as limitacións actuais da cirurxía aberta.

Os beneficios da intervención ao paciente, pódense enumerar en: Menos dor e risco de infección, menos risco de complicacións na operación, menos perda de sangue, menores cicatrices, menos estancia hospitalaria, recuperación funcional do paciente, nos problemas de Próstata, reduce o risco de impotencia e incontinencia do paciente a posteriori.

Son xa múltiples as intervencións en que pode actuar o robot: Prostatectomía por cancro de Próstata, Cancro colo- rectal, Cancro de Cérvix, Carcinoma de endometrio, Bypass coronario, reparación valvular mitral, cirurxía de obesidade mórbida, Ginecología, Cirurxía esofágica, Cancro de esófago, Cirurxía hepato- biliar- pancreática, Cirurxía pediátrica, Cirurxía torácica, Cirurxía maxilo-facial, Cancro de pulmón, mentres outras especialidades están en desenvolvemento.

Segundo aseguran dende a Federación, hai Hospitais que destacan xa en España polo número de intervencións levada a cabo (principalmente as relacionadas co Cancro de Próstata, que ata a data son de alta rega e con secuelas múltiples para o paciente. É rechamante que o Hospital de Bellvitge, pretende levar a cabo xa 575 intervencións no ano 2020. Mentres en Galicia dispoñen desta técnica un hospital privado en Vigo e dous na Coruña. A Sanidade Pública non deu neste sentido nin un só paso.
#Ante os datos recolleitos e expostos neste escrito, os entes reclamantes, entendemos que xa non queda máis tempo para que no HULA (Lugo) procédase á adquisición e dotación co citado robot, porque non poden continuar existindo na Sanidade, cidadáns de primeira e de segunda, onde os afiliados a Mútuas ou capitalistas teñen opcións, mentres o Sergas non presta estes servizos a todos os pacientes e en todos os Hospitais.

É destacable xa o interese nestas técnicas por parte de profesionais médicos e pacientes, á vista das XXII Xornadas galegas de Uroloxía celebradas a última semana de Outubro en Monforte de Lemos. Alí estaba o Conselleiro de Sanidade inaugurando as xornadas que reuniron ao redor dun centenar de Especialistas de Galicia.
Comisións Permanentes de:Plataforma en Defensa da Sanidade e das Especialidades do Hula.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo