" />

Lugo reivindica a igualdade de dereitos no Día do Orgullo LGTBI

Representantes de todos os partidos con representación na corporación municipal de Lugo participaron esta mañá nunha concentración fronte a casa do Concello para reivindicar a igualdade de dereitos no Día do Orgullo LGTBI.  Ademais, durante toda a xornada, a bandeira deste colectivo ondeou na fachada do Concello en resposta á petición realizada por este colectivo.

O presidente da Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual de Lugo (ALAS) procedeu á lectura dun manifesto que incidiu na importancia de seguir traballando pola igualdade real, e por unha sociedade libre de discriminacións ou exclusións pola orientación sexual e a identidade de xénero.

Tamén fixo fincapé na necesidade de construír unha sociedade inclusiva e libre, onde a educación xogue un papel fundamental para promover o respecto ás diferentes orientacións sexuais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo