Lugo rende homenaxe a Tomás Notario cunha placa conmemorativa na Ponte Nova

O Concello de Lugo descubriu este luns unha placa conmemorativa na contorna da Ponte Nova en homenaxe ao enxeñeiro e exalcalde Tomás Notario Vacas, nun acto institucional no que participaron a alcaldesa, Elena Candia; representantes do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia; membros da Corporación municipal e familiares do homenaxeado.

A iniciativa, promovida polo Colexio de Enxeñeiros, busca recoñecer a traxectoria dun dos principais artífices da transformación urbanística da cidade, despois de que o Ministerio rexeitase a proposta para que a Ponte das Saamasas levase oficialmente o seu nome.

Durante o acto, a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, cualificou a homenaxe como un exercicio de “xustiza e gratitude” cara a unha persoa que contribuíu de forma decisiva ao desenvolvemento de Lugo. A rexedora destacou a participación de Notario en proxectos como a Segunda Rolda, a circunvalación da N-VI, a Ponte das Saamasas, a ampliación do polígono do Ceao ou a posta en marcha do Campus Universitario, entre outras actuacións.

O acto concluíu co descubrimento da placa, que servirá para perpetuar a memoria dun dos profesionais e responsables públicos que máis contribuíron ao crecemento da cidade nas últimas décadas.

A Deputación de Lugo sumouse ao recoñecemento a Tomás Notario Vacas e o Deputado, Miguel Fernández, participou este luns no acto de descubrimento do monólito conmemorativo, destacando legado dun profesional que deixou unha pegada duradeira na transformación da capital lucense e puxo en valor unha infraestrutura que, máis de medio século despois da súa construción, continúa sendo unha conexión fundamental para a cidade e un exemplo da importancia do seu traballo ao servizo do interese público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com