Lugo respira pasión polo mellor pádel do mundo

O circuíto World Pádel Tour aterrizou en Lugo para a posta de largo do Lugo Open 2018. O décimo torneo da tempada non puido contar con mellor escenario que a Muralla, que esta mañá acollía a presentación oficial desta etapa galega do circuíto. A Alcaldesa de Lugo e o Presidente da Deputación, xunto ao director nacional desta proba, Luis Torres e outros membros das corporacións, foron os encargados de facer a presentación, con tres padriños ideais para tal ocasión; a mellor xogadora lucense do circuíto, Vanesa Alonso, a súa compañeira, a ourensana Isabel
Domínguez, e unha lenda deste deporte, que leva Galicia e Lugo no seu ADN, Juan Martín.

Deste xeito, o oitavo open do curso daba o seu pistoletazo de saída a unha etapa que terá a súa pista central no Pazo Universitario dos Deportes, e que converterá a Lugo dende hoxe e ata o domingo no epicentro do pádel mundial. “Lugo volve a facer historia no deporte”, asegurou a Alcaldesa na presentación desta cita, que ademais da transcendencia deportiva, pois reúne ás mellores palas de todo o mundo, unhas 140 parellas; vai a supoñer un gran retorno económico, estimado nun millón de euros, ademais da difusión mediática: máis de 7600 entradas vendidas, retransmisión dos partidos en Gol TV e en streaming, con 2 millóns de visualizacións
no 2017.

Ademais, este evento constitúe un paso máis no obxetivo de situar a Lugo no mapa nacional e internacional do deporte, como fórmula para potenciar o municipio, tras ser sede da Volta Ciclista a España, acoller a Copa Princesa de Voleibol e Baloncesto, os Xogos do Eixo Atlántico ou campionatos de natacións sincronizada.

Pola súa banda, Darío Campo subliñou que “para a Deputación de Lugo é un auténtico privilexio colaborar na organización desta cita, que situará a nosa provincia no mapa mundial do deporte. Así, abrimos as portas do Pazo dos Deportes para dar cabida a este evento, no que se darán cita as parellas mellor clasificadas en categorías masculina e feminina a nivel internacional”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com