Lugo será sede por primeira vez da Copa de Europa de Péntatlon Moderno

Un cento de atletas participarán este sábado na Copa de Europa Youth A eB de Péntatlon Moderno que organiza o Concello de Lugo coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. Cabe destacar que esta é “a primeira vez que Lugo acolle un campionato internacional desta modalidade deportiva” tal e como explicou hoxe durante a presentación o presidente da Federación, Francisco Villanueva.

As probas disputaranse a partir das 8 h. na piscina das Pedreiras, nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera e no módulo de atletismo e incluirán 4 modalidades no caso das categorías xuvenil e cadete (esgrima, natación e combinada, é dicir, carreira e tiro) e 3 no caso de benxamín, alevín e infantil (natación e combinada). En canto á procedencia dos atletas é variada, de forma que chegarán dende Portugal, Francia, Italia, Gran Bretaña, Hungría e tamén de España, “oportunidade que non podemos deixar escapar para potenciar o noso entorno natural, a nosa cultura e o noso patrimonio histórico privilexiado”, segundo explicou o concelleiro de Deportes, Miguel Fernández.

Unha competición que segundo Fernández “organízase para dar resposta ás demandas veciñais nos orzamentos participativos” Ao acto tamén asistiu o xefe provincial de deportes de Lugo, Manuel Cadramón, o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga e o delegado provincial en Lugo, que se amosaron satisfeitos de que a cidade acolla esta competición dunha modalidade deportiva non maioritaria pero si con moito arraigamento en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com