" />

Lugo silénciase durante un minuto polas Vítimas de Accidentes de Tráfico

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe o acto conmemorativo do Día Mundial en Lembranza das Vítimas de Accidentes de Tráfico. No acto, que se celebrou diante da Xefatura provincial de Tráfico, Isabel Rodríguez deu lectura a un manifesto tralo que se gardou un minuto de silencio para recordar ás persoas que perderon a vida ou resultaron feridas en sinistros de circulación. 

Xunto coa subdelegada do Goberno participaron na conmemoración o Xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez; a Concelleira de Benestar, Ana González Abelleira; o Deputado provincial de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o Xefe territorial de Presidencia, Ramón Carballo, así como persoal da DXT e representantes de distintas asociacións e colectivos sociais.

A subdelegada do Goberno lembrou ás vítimas do tráfico e aos seus familiares e aproveitou para facer un chamamento a todos os condutores para que respecten as normas de circulación e eviten comportamentos como o uso de teléfonos móbiles ao volante ou viaxar sen o cinto de seguridade.

Segundo os datos da DXT, en máis da metade dos accidentes mortais producidos en vías interurbanas da nosa provincia, o 52,6%, concurre a conducción distraída ou desatenta como un dos factores. Tocante ao uso do cinto, en Galicia case a cuarta parte dos falecidos no que vai de ano non levaban posto este elemento de seguridade.

Este ano, ata o 17 de novembro, rexistráronse na provincia 2.740 accidentes, nos que perderon a vida 22 persoas, 79 resultaron feridas graves e 606 leves.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo