Lugo volve a rexistrar unha suba do paro, tras a campaña do Nadal

O desemprego de Lugo está actualmente situado nos 18.554 parados. O número de persoas desempregadas subiu en 641, tras o remate da campaña navideña e rompendo á racha de descenso que levaba nos últimos 3 meses do ano 2017. Pero non todo son malas novas, con respecto ao mesmo mes do ano pasado o paro, efectivamente, baixou en 2.971 persoas.

Separando por sectores de actividade, o número de desempregados aumentou en cases todos, no que máis se nota, no sector servizos, no que se contabilizan 600 novas persoas sen emprego. Tamén aumentou na agricultura, con 11 persoas, na industria con 35 e na Construcción con 3 novos parados. En canto ao colectivo coñecido como “sen emprego anterior, o  paro reducíuse en 8 persoas.

O xénero máis afectado por esta subida do paro é o feminino. As listaxes do INEM rexistraron 477 novas desempregadas, mentres que só contabilizan 164 homes novos sen emprego.

Neste eido, a Deputación de Lugo aprobou hoxe as bases para a selección de 188 novos traballadores ao abeiro do programa de Emprego Ben Empregado 4, que abre o prazo de inscripción o luns a través da nova Axencia de Colocación. A Deputación asume durante 1 ano os custos laborais dos novos traballadores con 2,4 millóns de euros. Custéaos aos 100% no caso de contratar a persoas con capacidade diferentes, consideradas en risco de exclusión social e ás que retomen a súa actividade laboral en colectivos socias. Faino nun 50% cando as contratacións sexan a  desempregados lucenses en xeral. Así o informou o Presidente, Darío Campos Conde, que puxo en valor o “esforzo que estamos a facer dende o Goberno Provincial para xerar emprego de calidade para os lucenses e na nosa provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com