Lugonovo alerta da falta de saneamento no rural que contribúe a que o 82% das fontes estean contaminadas

A agrupación municipal Lugonovo cuestionouse esta mañá a onde botan os seus vertidos certos núcleos do rural que non teñen saneamento e advirten que esta falta podería ser a causante de que o 82% das fontes teñan as augas contaminadas.

Lugonovo céntrase co Complexo de Calde no que, segundo afirman, tódalas augas residuais deberían rematar ao aire libre, nunha finca pero aseguran que a realidade pasa porque a canalización está moi deteriorada e existen fugas que espallan os vertidos polo camiño.

Para Fernández Rocha, esta situación demostra que o “executivo autonómico leva anos sen invertir en Lugo o que lle pertence en concepto de canon e que o goberno local tampouco esixe á Xunta que empece a facelo”.

Para Lugonovo, está claro que sen dotacións públicas, no rural non queda outra que dispoñer cada vivenda do seu pozo negro ou da súa fosa séptica; xa que a normativa é estrita para as construcións, “pero éo para as que se autorizaron recentemente, que pasa coas casas e as granxas máis antigas?, de que maneira se desfán dos residuos que xeran?”.

Os resultados da última analítica realizada en decembro de 2016 a 46 fontes non conectadas á rede de abastecemento, son concluíntes para o voceiro da formación. En 38 detectouse unha importante presenza de contaminación bacteriolóxica e 22 deses manantiais contiñan ademais restos fecais. Para Santiago Fernández Rocha trátase dun problema importante. Primeiro de calado ecolóxico pero tamén de gran relevancia sanitaria.

Lugonovo afirma que non pretende provocar alarma senón obrigar ás institucións a facer unha fonda reflexión do alcance que ten manter sen saneamento a unha boa parte do concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo