Lugonovo alerta dun vertedoiro a pé do Camiño Primitivo

Lugonovo denuncia a presenza dun vertedoiro ao pé do Camiño Primitivo. Para a agrupación municipal unha morea de entullo e desperdicios non pode ser a imaxe coa que se queden os peregrinos ao seu paso por LugoCristina Pérez, voceira da agrupación, ironiza que o Carme continúa a sumar atractivos cun vertedoiro no que se ven dende restos de contrucción ata ramallas secas ou embalaxes de prástico a 10 metros do Camiño de Santiago.

“Dende ladrillos, lousas e outros restos da construción, como ferros ou refugallos de formigón, pasando por ramallada seca e mesmo bidóns e embalaxes plásticos. O lixo amoréase a escasos 10 metros dun dos itinerarios a Santiago máis singulares que discorren pola capital”, refire a portavoz do Grupo Municipal.

Cristina Pérez Herráiz lamenta o aspecto de descoido que presenta un dos maiores patrimonios cos que conta a cidade e chama a atención ao goberno local para que proceda á súa retirada. “Non podemos esquecer que os terreos nos que se atopa, e que serve tamén como aparcadoiro improvisado ante a carencia de estacionamentos da que adoece a zona centro, se integra na mesma contorna na que conflúen dous bens de recoñecido prestixio mundial. Só a súa presenza serve para evidenciar a falta de atención e de tutela que, ao respecto, exercen as administracións”, advirte a voceira.

Pérez Herráiz insta ao executivo local a tomar medidas para baleirar de residuos o soar o máis axiña posible e para impedir que esta práctica se reproduza. “Supón, ademais dunha estampa desastrosa, un importante foco de contaminación nunha área na que debera reverter unha parte dos fondos procedentes do Edusi e que, entedemos, será obxecto de certa supervisión por parte dos organismos europeos. Non é de recibo consentir, por tanto, que irregularidades coma esta se normalicen e mesmo se perpetúen”, conclúe a portavoz de Lugonovo no Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com