" />

Lugonovo, BNG-AA e ACE-EU abandonan o Pleno como protesta ante o convenio do auditorio

As agrupacións de Lugonovo, BNG-AA e ACE-EU abandonaron esta mañá o Pleno do Concello de Lugo, temporalmente, como protesta ante a Modificación da Ordenanza Fiscal que regula o imposto sobre bens inmobles (IBI). Os tres grupos fixeron unha lectura conxunta, nos seus turnos de intervención, na que se amosaron en contra de eximir o IBI á Xunta de 5 centros sanitarios co fin de equipar o auditorio.

No escrito conxunto manteñen a súa oposición, xa anunciada, ao acordo “cociñado por PP e PSOE que provoca unha situación moi desfavorable para o noso concello e resulta unha estafa para as veciñas e veciños de Lugo”. Como concelleiras e concelleiros de Lugo “é a nosa responsabilidade defender o interese xeral do noso municipio, algo que dende logo non se dá con este acordo”.

Para estes tres grupos, a alcaldesa de Lugo mantivo “negociacións escuras” co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o que suporá un custo de 3.600.000€ para as arcas municipais. Ao abandonar o pleno o voto destes tres grupos considérase como abstención polo que se aprobou esta medida co voto a favor do PP e do PSOE e o voto en contra de só os dous ediles de Cidadáns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo