Lugonovo denuncia “terxiversación intencionada” do BNG no debate de participación cidadá

Lugonovo vén de enviar un comunicado aos medios no que rebate as acusacións verquidas polo Grupo Municipal do BNG, no tocante ao que ten que ver co posicionamento de Lugonovo sobre participación cidadá.

Sinalan dende Lugonovo que foi o portavoz deste grupo, Santiago Fernández Rocha, quen durante a Xunta de Voceiros celebrada esta semana solicitou a revisión do Regulamento de Participación Cidadá para que a sociedade puidera intervir nos Plenos Municipais.

Asemade, afirman que para facer efectiva esa participación e mentras non se produce a revisión do regulamento, o que se propuxo foi que, ademais da interveción dos cidadáns nas Sesións, cando o tema así o precise pola súa importancia e tal e como xa recolle a lei, as asociacións e veciños poidan participar, sen ningunha discriminación, tamén nas Comisións das distintas áreas, “a canle máis axeitada e eficaz para vehiculizar as súas propostas, xa que nesas Comisións contarán para elaborar as súas demandas, co asesoramento dos técnicos municipais que lles axudarán a encamiñar as peticións que queren facer”. No seo destas reunións, os partidos poderán logo recoller todas as aportacións para defendelas nos Plenos e conseguir así os apoios necesarios da Corporación para acadar o compromiso de sacalas adiante.

“Non sabemos con qué intención, pero entendemos que agocha outros intereses, os edís do BNG trasladan á prensa que Lugonovo non está a favor de que os cidadáns participen nos Plenos, cando somos os primeiros que pedimos, para melloralo, a revisión do regulamento”.

“Precisamente, non queremos que as súas intervencións estén suxeitas ao criterio exclusivo da alcaldesa pero ademais, o que pretendemos é que esa participación se faga coas máximas garantías para que as súas demandas se materialicen e por iso, apostamos porque tamén estén presentes nas Comisións que é onde realmente se valoran as propostas”, sinalou Fernández Rocha.

A postura que a Masa Crítica defende sobre o uso da bicicleta xa estará recollida na sesión de mañá pola proposición relativa á mobilidade sostible que defende o BNG, pero que elaborou o propio colectivo.

“O BNG evidencia dunha banda, a instrumentalización que realizou do colectivo Masa Crítica para tratar de desacreditarnos ante a cidadanía pero tamén pon de manifesto que carece dun proxecto propio para a cidade”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com