" />

Lugonovo pedirá en Pleno mellorar a contía e os criterios de adxudicación da Risga

En Galicia, a Renda de Inclusión Social (RISGA) sitúase nos 399€, unha cifra considerablemente menor á media do conxunto do Estado, así o explicou esta mañá a edil de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, quen asegurou, ademáis, que non só ten relevancia o importe, senón tamén os criterios de adxudicación que son especialmente restritivos ate o punto de que só o 0’4% dos galegos se beneficia da súa cobertura, segundo os últimos datos facilitados polo Ministerio de Sanidade.

Números, que á vista de Lugonovo, son “raquíticos de por sí,  pero que ademáis agochan graves realidades”, como reflicte a súa concelleira. A edil traslada a súa preocupación polas consecuencias nas que está a derivar esta xestión “opaca, propiciada, fundamentalmente, pola ausencia dun marco lexislador”.

Pérez Herráiz asegura que levan catro anos agardando a redacción do decreto que rixe a Lei de Inclusión Social de Galicia coa fin de poder aplicala e, mentres, “a crise segue a golpear aos máis desprotexidos”.

O contexto obriga, segundo Lugonovo, a tomar medidas tamén dende os Concellos. Por iso, levarán ao Pleno de mañá unha proposta coa fin de instar á Xunta, dende o goberno local, a elevar en 2018, nun mínimo dun 7% a dotación da achega para igualala á media estatal. Así como a impulsar o máis axiña posible, a elaboración das Disposicións que desenvolven a Lei de Inclusión Social de Galicia. Un documento no que deben quedar regulados, asemade, os tramos de inserción e transición ao emprego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo