" />

Lugonovo propón a creación dun programa de visitas guiadas nos centros escolares

O grupo municipal de Lugonovo, ven de enviar un comunicado, no que anuncia que ” presentará ao próximo Pleno unha moción encamiñada a dar a coñecer o noso Patrimonio da Humanidade a tódolos centros escolares, por medio dun programa de visitas guiadas cun percorrido polas zonas máis representativas da cidade. Para elo propón a colaboración da Deputación Provincial, para que chegue tamén a todos centros educativos da provincia, de modo que a cidade de Lugo sexa recoñecida pola nosa contorna administrativa como algo máis que a cidade do San Froilán e do Arde Lucus”.

A plataforma política, mesmo indica cal sería o itinerario de visitas guiado, “podería empezar polo Camiño Primitivo (do que este é ano conmemorativo pola súa declaración como Patrimonio da Humanidade), seguir pola Muralla e as distintas xanelas arqueolóxicas espalladas polas nosas rúas e prazas, para rematar na Catedral de Santa María, onde se deben mostrar os distintos estilos aos que pertencen os elementos arquitectónicos  que a compoñen. Un percorrido cultural que debe rematar en cada centro educativo cun obradoiro didáctico que lles permita a nenos e nenas rememorar a experiencia dunhas horas de contacto co noso extraordinario patrimonio recoñecido mundialmente”.

Entendemos dende Lugonovo que a nosa cidade ten que ser vista pola nosa xente máis moza como a historia dun esforzo común que nos permita construir un futuro compartido. Neste obxectivo cremos que lle corresponde ao Concello liderar este proxecto de achegamento da nosa xuventude á nosa historia ao través do noso patrimonio cultural e artístico máis salientable, remata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo