Lugonovo propón a instalación de bolardos para despexar a visibilidade nalgúns pasos de peóns

Lugonovo propón a instalación de bolardos para despexar a visibilidade nalgúns pasos de peóns da cidade.  O voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha denuncia que Lugo é unha das capitais galegas nas que se producen máis accidentes con feridos. “Detrás da casuística destes sinistros atópanse moitos motivos, pero hai un no que se pode intervir: mellorar a visión nos pasos de cebra que moitas veces quedan ocultos polo volume dos vehículos estacionados no seu límite. Polo mesmo motivo, ás veces, os colectores de lixo convértense tamén noutro perigoso obstáculo, incluso ás portas dos garaxes”, subliña Rocha.

Os barrios de Montirón ou Fontiñas, son segundo os edís do Grupo Municipal, dous dos barrios máis afectados por esta problemática. “Son zonas de moito tránsito, nas que esta situación de apuro se reproduce constantemente. Un dos mellores exemplos témolo ás portas do Colexio das Mercedes, onde hai que extremar as precaucións para pasar dunha marxe a outra e acceder ao centro; pero tamén Montero Ríos, Ramón Ferreiro ou Alcalde Novo Freire son, entre outras moitas, localizacións que adoecen dunha revisión”, denuncia Fernández Rocha, quen insta ó executivo a axilizar estas intervencións para evitar novas desgrazas.

“Aproveitando o traballo de repintando que se está acometendo en distintas vías do municipio, cremos oportuno intervir nesta cuestión de forma progresiva ata completar o rueiro. Por iso pedímoslle ao goberno que encargue ao Gabinete de Tráfico estudar, en cada caso, cantos metros poden retrocer os aparcadoiros e os colectores para evitar que invadan o espazo destinado ao cruzamento, ou cando resulta viable instalar pequenas orelleiras que den continuidade á beirarrúa sobre a calzada”, explica o voceiro da formación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com