" />

Lugonovo solicita unha entrevista co Bispo de Lugo para abordar o pagamento do IBI do paracadoiro do Seminario

Santiago Fernández Rocha, portavoz do Grupo Municipal Lugonovo, ven de solicitar unha entrevista co Bispo da cidade, Alfonso Carrasco Rouco, para abordar o pagamento do IBI no Aparcadoiro do Seminario.

“Queremos trasladarlle que hai certa preocupación entre os veciños por esta cuestión que, nos últimos días, transcendeu publicamente e como entendemos que o Señor Bispo é unha persoa dialogante e que, dende a institución que preside, ten a vontade de traballar pola xustiza social, igual ca nós, agardamos que non amose ningún inconveniente en recibirnos, en función das posibilidades da súa axenda”.

Neste caso en concreto, os concelleiros do Grupo Municipal consideran que os acordos Estado – Igrexa, así como o Concordato de 1979, non a exoneran do pago da contribución polos inmobles dos que obteñen un rendemento económico e, polo tanto, estiman que a entidade eclesiástica está en disposición de tributar por eles, igual co resto da cidadanía, tendo en conta que os impostos son unha ferramenta eficiente e solidaria da redistribución da renda.

“A sensibilidade de Lugonovo será sempre a de promover gravames máis xustos, que incentiven a creación de emprego a través de medidas fiscais acordes ó esforzo dos diferentes axentes económicos. Como, por exemplo, as bonificacións do IBI social para aqueles negocios que incrementen os seus cadros de persoal con contratos indefinidos ou que traten de impulsar iniciativas empresariais. Todo isto, acompañado doutros mecanismos que melloren o sistema de inspección para perseguir con eficacia ós defraudadores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo