Lugonovo ve ineficaz e insuficiente a sinalización turística

Para Lugonovo dar coa Oficina Municipal de Turismo é o primeiro reto co que se atopa o visitante que chega a Lugo. E como non é cousa doada, esta tarefa segue a ser tamén o principal motivo das súas queixas. ¿O segundo desafío? Adiviñar que se pode subir á Muralla e a través de qué portas é posible facelo.

Dúas eivas sobre as que Lugonovo puxo o foco en outubro pasado, solicitando a súa corrección pero que, 10 meses despois, continúan sendo un hándicap que lastra a proxección da cidade.

Víctor Álvarz lamenta que “non entendemos como é posible que, pese a constatarse que a capital avanza posicións como destino turístico, este goberno non fixera ningún esforzo no último exercicio para solventar unha carencia que se resolve con só mellorar a sinalización”.

O Grupo Municipal refire que, a pesares de que nalgúns enclaves existen certo tipo de indicadores, os soportes actuais resultan insuficientes en canto a súa visibilidade e claridade nos contidos que trasladan, o que pode propiciar certa confusión e mesmo mermar a calidade da estancia.

“Por exemplo, ¿cómo sabe alguén foráneo que o único acceso ao adarve que dispón de elevador se atopa ao fondo dos xardíns da Deputación, se non hai nada que llo advirta en todo San Marcos nin nas inmediacións?”, cuestiona o edil quen lembra que “esta non é a única proposta de Lugonovo, amparada pola Corporación, que o executivo local relegou ao tinteiro”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com