" />

Lugonovo ven de emitir o fallo do seu concurso de fotografía Vexo, Vexo…

O xurado do concurso de fotografía “Vexo, vexo…” convocado por Lugonovo, vén de escoller as obras gañadoras. Trátanse das fotografías “Vexo desde o patrimonio” de Cristina Barreiro González e “Tras o decorado” de Ringo Xabier Bruña García, que resultaron escollidas nas categorías de “imaxe cun contido máis salientable ou relevante” e “imaxe máis artística” respectivamente.

O xurado, composto por Eduardo Ochoa, membro do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Cristina López Eimil, arquitecta integrante do Colexio de Arquitectos de Lugo e Senén Olano, arquitecto e artista,  valorou a capacidade das obras para amosar a cara habitualmente menos difundida da nosa cidade e para alentar unha lectura crítica da realidade material cotiá das luguesas e lugueses. Neste sentido, as imaxes ofrecen un discurso distinto ao hexemónico sobre a situación de Lugo permitindo así que a cidadanía recoñeza un modelo de urbe que cómpre superar, representado por un desleixo urbanístico que complica o uso e desfrute dos espazos comúns da cidade e degrada a paisaxe.

O certame desenvolveuse ao longo do mes de maio e comezos do de xuño, cun chamamento á poboación da cidade a compartir un ollar crítico sobre a situación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo