Luís Avilés visita este xoves os Codex Cinema para presentar o seu filme +Cuñados

Os Codex Cinema ofrecerán un pase especial do filme +CUÑADOS na que contará coa presenza do seu director, Luís Avilés, que fará unha presentación do filme e ao remate da proxección haberá un breve coloquio.

Asemade e como todos os venres, os cines Codex estrearán dous novos filmes. Por un lado a película sueca “HAMMARSKJÖLD. LOITA POLA PAZ”. Narrada en forma de thriller político, conta a historia de Hammarskjöld, na que se inclúen os resultados das investigacións máis recentes sobre a morte do Secretario e recupera a figura deste diplomático, a quen John F. Kennedy calificou como ” maior estadista do noso século”.

Sinopse: Na Guerra Fría de 1961 o diplomático e economista, Dag Hammarsköld, sube a un avión nun intento desesperado por negociar o cesamento do fogo cos seus inimigos despois de dirixir ás tropas da ONU na súa primeira operación bélica.

A outra estrea da semana é o filme italiano “SEMPRE NOS QUEDARÁ MAÑÁ” , de Paola Cortellesi que se estrea como directora nun filme que atopa un excelente equilibrio entre o drama e o humor e no que se reflexa o camiño cara o empoderamento feminino.

Sinopse:  Roma, 1946. Delia ten tres fillos e está casada  co malhumorado Ivano, que a trata mal. Tras a guerra, ambos loitan por sacar á súa familia adiante con varios traballos mal pagados. Un día unha marabillosa noticia alborota a toda a familia: Marcella, a filla maior, acaba de comprometerse con Giulio, un mozo moi simpático de boa familia. Delia está moi ilusionada con este novo comezo que traerá un futuro mellor para todos. Con todo, recibe unha misteriosa carta que promete cambiar os plans de toda a familia para sempre…

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com