" />

Luís César Sampedro, novo adestrador do Club Deportivo Lugo

Na tarde de hoxe, o Club Deportivo Lugo e o técnico Luís César Sampedro, chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo adestrador do primeiro equipo para a próxima tempada.

Luís César (Villagarcía de Arousa, 3 de maio de 1966) chega ao CD Lugo tras unha importante traxectoria en diferentes conxuntos como Racing de Ferrol, Alcoyano, Nástic de Tarragona (co que ascendeu á liga BBVA), ou na etapa máis recente, Albacete Balompé.

Técnico de prestixio e recoñecido método a nivel nacional, conta con ampla experiencia na categoría, e comandará o novo proxecto deportivo da entidade albivermella na próxima tempada 2016/17.

A presentación de Luís César Sampedro terá lugar mañá 17 de xuño, ás 13 horas, no estadio Anxo Carro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo