" />

Luís Milla abandona o Club Deportivo Lugo

Luís Milla, adestrador do CD Lugo, presentou na tarde de onte a súa dimisión como adestrador do club, alegando motivos persoais. O CD Lugo aceptou a súa dimisión e agradeceu o esforzo realizado ao longo desta tempada, ao mesmo tempo que lle desexou o maior dos éxitos para o futuro. Asemade Milla agradeceu ao club o trato recibido e desexoulles grandes éxitos deportivos.

Hai algún tempo Milla e un dos responsables deportivos do Lugo tiveron un enfrontamento que poida ter influído na decisión que agora adopta o adestrador.

O club dará a coñecer hoxe o nome do seu substituto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo