LXIX Descenso Internacional do Miño

Este vindeiro sábado, día 9, volve unha cita ineludible para o piragüismo galego, o LXIX Descenso Internacional do Miño, está proba deportiva está organizada pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración co club Cidade de Lugo e resulta decisiva para o campionato galego Xunta de Galicia Ríos.

No descenso está previsto a participación de arredor de 70 embarcacións, que tomarán a saída en Rábade ás 17:00 horas para completar un percorrido de 18 quilómetros ata a Ponte Romana de Lugo. Previamente, unha hora antes, desenvolverase o Descenso do Miño Popular en kaiak, unha iniciativa impulsada polo club lucense co obxectivo de facilitar a participación de afeccionados a este deporte. Esta actividade non terá carácter competitivo e consistirá nun percorrido de 3 quilómetros entre Rábade e Outeiro de Rei.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, que  participou na presentación oficial da proba, salientou o “poder de convocatoria desta cita histórica”, que cualificou como un referente consolidado no calendario deportivo nacional. Así mesmo, destacou a combinación de deporte, tradición e promoción territorial que representa a proba, subliñando a súa contribución á dinamización da actividade deportiva e social arredor do río Miño, así como á proxección da imaxe da provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com