Máis dunha vintena de mesas recollen fondos para a loita contra o cancro

Máis dunha vintena de mesas de cuestación distribuídas ao longo e ancho da cidade de Lugo, ofreceron todo o día de hoxe información e asesoramento sobre o cancro a todas as persoas interesadas. Nelas, 250 voluntarios que recollían os fondos da cidadanía a favor da Asociación Española contra o Cantro (AECC).

Como cada ano, esta entidade benéfica e asistencial pon en marcha a súa tradicional campaña do Día da Colecta, co fin de recadar fondos para investigar a enfermidade. Neste 2019, a campaña da AECCleva por lema Contigo damos a cara coa intención de que o apoio cidadá contribúa á mellora da calidade de vida dos afectados polo cancro.

Reducir a mortalidade, aumentar a supervivencia ao 70% para 2030 e coidar das persoas con esta enfermidade e das súas familias -atendendo ás necesidades derivadas da doenza- son os tres grandes retos que sinalan desde a asociación e para os que demandan o apoio da cidadanía e das distintas administracións.

A Alcadesa de Lugo en funcións, Lara Méndez, participou esta mañá na tradicional campaña de cuestación para recadar fondos para distintas actividades. O Concello colabora con este colectivo non só nas distinta programación que organiza ao longo do ano, senón tamén cunha achega económica de 2.500 euros, para axudar na atención integral aos doentes e ás súas familias.

Tamén, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou esta mañá a mesa de colecta que a Asociación Española Contra o Cancro instalou no acceso principal do edificio administrativo da Delegación territorial da Xunta en Lugo na ronda da Muralla. Na mesa informativa, ademais dun grupo de voluntariado da asociación, recibiuno a presidenta do colectivo na provincia de Lugo, Mariluz Abella.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, participou tamén na cuestación da mesa instalada no Pazo de San Marcos. O Goberno da Deputación colabora coa delegación lucense de AECC, non só situando unha destas mesas no Pazo de San Marcos, senón tamén cunha achega económica de 6.000 euros, para axudar na atención integral ao paciente oncolóxico e a súa familia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo