Maite Ferreiro reivindica “políticas de emprego para que a mocidade non teña que emigrar”

A candidata do BNG ao congreso, Maite Ferreiro, manifestou na cidade de Lugo “a necesidade de poñer en marcha políticas de emprego para que a mocidade non teña que emigrar”. Maite Ferreiro lembrou “no BNG temos propostas concretas para que novas empresas se poidan asentar e se manteñan as existentes” e puxo como exemplo “é preciso contar cunha tarifa eléctrica galega, necesitamos proxectos como o do banco de terras para reactivar o rural, e apostar por industrias transformadoras das producións primarias do país”.

“No estado español non acaban de entender cal é problema do interior galego, precisamos voz en Madrid para frear a sangría demográfica” asegurou Ferreiro en declaracións feitas diante da oficina de emprego da rúa Campos Novos de Lugo, onde estivo acompañada da Parlamentaria Olalla Rodil, do candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, e integrantes das candidaturas do BNG.

Maite Ferreiro afirmou “hai que repensar o funcionamento dos servizos públicos de emprego por que non están a dar solucións reais” e sinalou “para moitas persoas que están en situación de desemprego non é útil este servizo tal e como está pensado na actualidade, tampouco para algunhas empresas que buscan persoas para traballar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo