Mañá remata o prazo para inscribirse no Coworking do Concello e a EOI

Mañá luns, 28 de novembro, remata o prazo para inscribirse no espazo Coworking que o Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial habilitarán no Centro de Empresas e Innovación (CEI-NODUS). Todos os emprendedores e emprendedoras interesadas poden inscribirse a través da páxina web do Concello, www.lugo.gal ou na páxina da EOI, https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo.

Preto de 90 proxectos e ata un máximo de 260 emprendedores recibirán formación e asesoramente neste espazo coworking, que está previsto que inicie a súa actividade o vindeiro mes de decembro, no marco da actuación impulsada conxuntamente pola entidade local e a EOI, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE). Dita actuación constará de catro convocatorias sucesivas, que se desenvolverán durante cinco meses cada unha, e que poderán acoller, en cada caso, entre 16 e 22 proxectos emprendedores de calquera tipo de sector por convocatoria, premiándose o cooperativismo e proxectos levados a cabo por colectivos vulnerables. Estes recibirán un apoio integral para a posta en marcha con éxito e con garantías de futuro das súas empresas, proporcionándolles espazos de traballo, obradoiros de formación, asesoramento personalizado e especializado e mentorización.

O programa Coworking, totalmente gratuíto para os beneficiarios, enmárcase na aposta do Goberno pola empregabilidade de calidade no municipio. Súmase ao plan de emprego 100% (Con) trato feito!, e aos obradoiros Emprega-TIC, entre outras iniciativas. Ten un orzamento conxunto de 800.000 euros, para o que a EOI achega o 80%, é dicir, 640.000 euros, que á súa vez proceden do Fondo Social Europeo, e o Concello o 20% restante, 160.000 euros de fondos propios, 40.000 en cada unha das catro edicións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com