Mañá remata o prazo para poder acceder aos 298 empregos que ofrece a Deputación a lucenses no paro

Mañá, venres 3 de febreiro, é o último día para poder acceder aos 298 empregos en toda a provincia, que neste intre ofrece o Goberno da Deputación a lucenses no paro a través de dúas das súas programacións laborais que ten en marcha os 67 Concellos lucenses.

Trátanse, por un lado, dos 193 postos do “Ben Empregado 3” para traballar en 178 empresas e entidades sociais lucenses. Estas recibirán axudas dun total de 2,4 millóns de euros do Goberno da Deputación coas que financiar durante 1 ano os custos laborais dos novos traballadores. E por outro das 105 prazas para desempregados lucenses menores de 30 anos dos primeiros cursos do LUGOWORK, que tamén inclúen, tras finalizar a fase formativa, contratos en empresas da provincia. Estas tamén recibirán axudas para os custos laborais dos novos e recen formados traballadores, procedentes dos 2 millóns de euros que o Goberno da Deputación captou da Unión Europea para por en marcha este plan de emprego xuvenil.

En www.deputacionlugo.gal está publicada toda a información. Na portada, hai un banner do “Ben Empregado 3” con 193 postos de traballo que se ofrecen, así como a documentación necesaria para inscribirse nos mesmos. Esta é necesario entregala no Rexistro da Deputación ou nos das dependencias administrativas que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992. Máis información, chamando ao  982-260- 222 ou 982-260-085. Tamén en benempregado2@deputacionlugo.org.

Tamén www.deputacionlugo.gal, hai outro espazo dedicado ao LUGOWORK, coa listaxe dos 7 cursos que se ofrecen, indicando a materia e o lugar de celebración. Ademais, no mesmo espazo web facilitase o acceso ao Rexistro de Garantía Xuvenil, pois é necesario estar inscrito no mesmo para acceder ao curso e logo ao contrato laboral; así como a inscrición on line.  Máis información en 982-26-00-88 e 982-26-00-77. Tamén en lugowork@deputacionlugo.org

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com