Mantense constante o número de positivos covid detectados nas últimas horas que non frean unha nova xornada de descenso

A terceira vaga da covid está xa estabilizada. Malia que o descenso de casos activos é unha realidade, e hoxe situase a cifra 66 persoas por baixo das rexistradas na xornada anterior. O certo é que o número de positivos detectados diariamente está estabilizado en ao redor de 35.

No día de hoxe o informe do SERGAS revela que nas últimas 24 horas se detectaron 34 casos, un menos que onte, pero os mesmos que antonte. Eso si, as altas médicas continúan á alza co que o descenso de casos activos é unha realidade constante na última semana. Se no día de onte se rexistraban 1086 infeccións activas, hoxe son 1020 as persoas que se recuperan desta enfermidade.

O que si é para celebrar é o descenso da presión asistencial, leve pero significativo, logo de numerosas xornadas estable. Hoxe son 49 as persoas que se recuperan da Covid en plantas de hospitalización, 4 menos que onte; e 22 na UCI do HULA, a única con casos covid e que despediu onte a 3 pacientes.

Así, por hospitais, o LUCUS AUGUSTI conta con 32 persoas na planta de hospitalización,3 menos que onte; dez pacientes covid están na unidade convencional do Hospital de Monforte, dous menos que na xornada anterior, o da Mariña, sen embago suma unha persoa, e chega ás 6 infeccións activas en planta e o Polusa mantense cun só paciente covid.

Asemade, nas últimas horas 102 persoas recibiron a alta médica e non hai que lamentar falecementos. Polo que son un total de 10196 as persoas curadas.

Na capital, un brote activo no barrio de Paradai suma xa uns 60 casos covid. Os primeiros positivos foron detectados a finais da pasada semana no colexio e, tras varios cribados entre alumnado e profesores realizados na fin de semana, chegaron a detectarse uns 40 casos. Os casos restantes foron descubertos enter as familias dos nenos e dos traballadores afectados e, as autoridades sanitarias, contan con que o número de positivos continúe a medrar neste barrio no que, ademáis, se concentra a gran maioría de casos diagnosticados nos últimos días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com