" />

Manuel Martínez presentará unha moción para suprimir cargos de confianza e dedicacións exclusivas

Martínez  toma esta media logo de “a campaña e alarma desatada polo Grupo de Goberno da Deputación (G.P.S), debido a posibilidade de que o Presidente da Sociedade Mercantil SUPLUSA, poida cobrar polo seu traballo o salario correspondente e o nomeamento de una persoa de confianza para o control dos distintos e variados proxectos que ten a Sociedade, aprobado tanto no Consello de Suplusa como na Xunta Xeral”.

O deputado non adscrito, para paliar esta situación, propón “visto que na Deputación Provincial, existen un número elevado de dedicacións exclusivas e parciais, así como de persoal de confianza, e que ocasionan un elevado gasto na Institución Provincial” e   “preocupado polo futuro da Sociedade e da propia Deputación, entidades que de ser certas as afirmacións dos voceiros do Grupo de Goberno, ocasionarían o colapso de ambas”, solicita que “por parte do Pleno da Deputación Provincial, se proceda de maneira inmediata a anulación de todas as dedicacións (exclusivas ou parciais) e dos cargos de confianza tanto na Deputación como nos organismos dependentes da mesma.

Tamén solicita que se inclúa para a súa discusión no próximo pleno “unha moción e unha pregunta que non puido defender no anterior, debido a súa expulsión do mesmo”.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo